Xoves, 25 de Xuño de 2009

PodPailán #5 [9:32m]:
Play Now |
Play in Popup

PodPailán #5 [9:32m]:
Play Now |
Play in Popup
Neste novo PodPailán, creado exclusivamente con voces plastificadas das familias Loqueando, Cotovía e do concello da Capela, para evitar o contaxio da gripe A, estreamos a primeira radionovela sintética, Loqueando de amor, ambientada a comezos dos anos 90. Tamén temos o primeiro Karaoke Loqueando, cun famoso megaghit hoyganés, un saúdo ao grupo sueco Modesto e algunhas sorpresas máis.

Domingo, 10 de Febreiro de 2008

Sneak Peek 0 [1:11m]:
Play Now |
Play in Popup

Sneak Peek 0 [1:11m]:
Play Now |
Play in Popup
Un pequeno adianto…
Domingo, 21 de Outubro de 2007

Chuzanews 32 [14:16m]:
Play Now |
Play in Popup
Aquí rematan -xa non era sen tempo- as Chuzanews. Agora, tocarán outro tipo de podcasts. Por certo, non menciono o autor e título do tema que soa ao comezo: Diet Coke de Rifle Nice. Queda clausurado este podcast.
Nota: en principio, só sairá en OGG. Por tocarlosgüevos.
Domingo, 26 de Agosto de 2007
Como o tema das Chuzanews ultimamente xa non daba máis de si, decidinlles dar o remate definitivo. Así que, como xa moita xente saberá, as 32 serán as derradeiras, e non haberá máis, a non ser que alguén queira recoller o relevo. Espero non crear expectativas excesivas, mais a miña intención é facer un final por todo o alto… e que non deixe ninguén indiferente.
Venres, 13 de Xullo de 2007

Chuzanews 31 [12:10m]:
Play Now |
Play in Popup

Chuzanews 31 [12:10m]:
Play Now |
Play in Popup
Por fin unha nova edición! Desta volta, con novidades en Chuza!, como os Chíos ou a Chuzarrascada Nacional. Breve crónica do derradeiro concerto -polo de agora- dos Megaloves. Regresa o One Hit Wonder, agora en versión One Hit Wonder dun One Hit Wonder. A música CC desta volta é de The Vocoder Pop EP, de Elias Damian, que se pode baixar de aquí, en Jamendo.com.
Martes, 12 de Xuño de 2007
Actualicei o PodPress á versión 8.1, que agora inclúe reprodutor en liña para os arquivos OGG Vorbis. Non vos queixaredes…
Martes, 22 de Maio de 2007

Chuzanews 30 [17:14m]:
Play Now |
Play in Popup

Chuzanews 30 [17:15m]:
Play Now |
Play in Popup
Xa están aquí! Desta volta, uns androides replicantes, medio reintegratas, medio neofalantes, secuestráronme e tomaron o control do podcast. Coido que hai música -agora baixo licenzas Creative Commons- e unha homenaxe a un documental e a varias efemérides destes días.
Martes, 15 de Maio de 2007

Chuzanews 29 [16:25m]:
Play Now |
Play in Popup

Chuzanews 29 [16:30m]:
Play Now |
Play in Popup
Por fin rematamos cos recompilatorios. Desta volta, o mellor dos podcasts 21 ao 25. Ademais, moitas novidades, homenaxe ás letras galaicolusoreintegracionistas e, sobre todo, voces novas.
Martes, 1 de Maio de 2007

Chuzanews 28 [15:33m]:
Play Now |
Play in Popup

Chuzanews 28 [15:35m]:
Play Now |
Play in Popup
Non houbo moitas contribucións, pero, aproveitando a inactividade do día do Traballo (que gran paradoxo), xa saíron do forno as novas Chuzanews, o podcast que non ten nada que ver con Chuza!
Recibimos dúas dedicatorias especiais para Nemigo, cuxo papel na rede galega nunca será o suficientemente valorado. Por certo, que poñendo alcumes vaise converter axiña no noso James Ford/Sawyer particular.

Sábado, 14 de Abril de 2007

Chuzanews 27 [13:26m]:
Play Now |
Play in Popup

Chuzanews 27 [13:30m]:
Play Now |
Play in Popup
Despois de moito tempo agardando, xa están aquí. E non só son un clip-show das CHN 13-20, senón que tamén inclúen unha convocatoria moi interesante.
Enviade as vosas mensaxes de apoio a Nemigo a chuzanews arroba gmail punto com.
Sábado, 14 de Abril de 2007
Xa están traducidas practicamente todas as mensaxes deste blogcast, e púxenlle aí abaixo eses pequenos botóns promocionais, que non publicitarios. As chuzanews? Esta tarde, a ver.